Estado unitario

Mapa cos estados unitarios en azul.

Un Estado Unitario é aquel onde existe un só centro de poder político que estende o seu accionar ao longo de todo o territorio do respectivo Estado, mediante os seus axentes e autoridades locais, delegadas dese mesmo poder central.

Ademais conta cun só poder lexislativo que lexisla para todo o país; un poder xudicial, que aplica o dereito vixente a todo o territorio do Estado e que no seu seo establécese unha Corte Suprema de Xustiza, a cal ten xurisdición a nivel nacional, un só poder executivo que esta conformado por todos os gobernantes (presidente, gobernadores, alcaldes...); e ademais conta cunha soa constitución política que rexe en todo o territorio e á cal se achan sometidas todas as autoridades e habitantes do Estado. Noutras palabras no Estado unitario dáse a cuádrupla unidade: unidade de ordenamento xurídico (dereito), unidade de autoridades gobernativas, unidade de gobernados ou destinatarios do ordenamento xurídico e das decisións políticas e unidade de territorio.


Developed by StudentB